Blog de la Agrupación Astronómica Io.Desde A Coruña
Inicio > Historias > Strange days (Cine de ciencia ficción, 2.3)
> Strange days (Cine de ciencia ficción, 2.3) <



Título español: Días extraños; Ano de producción: 1995; Dirección: Kathryn Bigelow; Guión: James Cameron e Jay Cocks, sobre un argumento orixinal de James Cameron; Productor: James Cameron e Steven-Charles Jaffe; Fotografía: Matthew F. Leonetti; Montaxe: Howard Smith; Deseño de producción: Lilly Kilvert; Dirección artística: John Warnke; Decorados: Kara Lindstrom; Vestuario: Ellen Mirojnick; Efectos visuais: Digital Domain. Reparto: Ralph Fiennes (Lenny Nero), Angela Bassett (Lornette "Mace" Mason), Juliette Lewis (Faith Justin), Tom Sizemore (Max Peltier), Michael Wincott (Philo Gant), Vincent D’Onofrio (Burton Steckler), Glenn Plumier (Jericho One), Brigitte Bako (Iris), Richard Edson (Tick), William Fichtner (Dwayne Engelman), Josef Sommer (Palmer Strickland), Joe Urla (Keith), Nicky Katt (Joey Corto), Michael Jace (Wade Beemer), Louise LeCavalier (Cindy)

-You're ready?

Ocupamos o asento traseiro dun coche e acompañamos a dous individuos que están preparando un atraco. Entramos con eles nun restaurante tailandés, armados con pistolas e ameazando aos que están dentro. Roubamos todos os cartos e nese momento decatámonos de que un coche de policía impídenos a posibilidade de escape. Corremos cara a parte máis alta do edificio, subindo velozmente as escaleiras. Hai moito rebumbio. É imposíbel manter a serenidade. Chegamos ao tellado, a policía vén detrás nosa e un helicóptero sobrevoa a zona. Vemos que hai outro edificio xusto enfronte deste no que nós estamos. Non temos alternativa. Se queremos fuxir hai que saltar. Un salto. Só un salto. Pero fallamos. Ninguén pode impedir que nos precipitemos ao baleiro. É o noso fin. Morremos.

Toda a escena transcorre dun xeito frenético, aparentemente sen cortes de plano. Strange Days comeza con estes cinco minutos intensísimos e vibrantes que nos sitúan de golpe no mundo de Lenny Nero, traficante de emocións.

Lenny Nero é un ex-policía que agora se dedica a distribuír "clips", gravacións dixitais que reproducen experiencias vividas por outras persoas. Os seus clientes pagan por poñerse un estraño casco de realidade virtual para sentir con máximo verismo as emocións que prefiran. Pero Lenny só quere finais felices. Non trafica con clips que amosen escenas de morte ou de asasinatos, e por iso non gostou nada deste que acaba de ver. Lenny móvese permanentemente no fío da navalla, asumindo riscos coa sufrida naturalidade dos que perden case sempre. É un profesional da estafa e un marabilloso embaucador que un bon día vese metido até o pescozo nun perigoso asunto ao recibir unha gravación que recolle o asasinato brutal dunha muller que el coñece. Lenny quere descubrir quen é o responsábel dese crime, pero só pode contar coa axuda doutro ex-policía, Max Peltier, e a de Mace, unha axente de seguridade que leva anos namorada del. Infelizmente para ela, Lenny segue obsesionado co recordo da súa antiga noiva, Faith, unha cantante de rock que ten idealizada. Pero o entorno que a rodea agora é ben distinto: Faith cruzou ao outro lado do espello e vive nun mundo escuro e sinistro no que Lenny xa non ten cabida.

Tensión, romance e morte danse a man nun filme que avanza sen freos cara un final apoteósico. Enfrontarse a unha trama tan complexa e suxerente non era cousa fácil, pero Kathryn Bigelow supera o reto con nota. Non sorprende demasiado, por outra parte. Pintora antes que cineasta, Kathryn Bigelow moveuse sempre con desenvoltura nun campo tradicionalmente masculino como é o do cine de acción. Fíxose coñecida entre os cinéfilos cunha curiosa variación do tema vampírico, Near Dark. A súa galería de non-mortos que se desprazan en coches roubados por autoestrada estaba obviamente máis preto da literatura "beat" que de Bram Stoker, e toda a película despedía un evidente encanto existencialista. Blue Steel é un moi correcto filme policíaco que se beneficia da presenza de Jamie Lee Curtis no papel protagonista e do habitual poderío visual que caracteriza á directora. Point break non deixa de ser un absoluto disparate, con esa banda de ladróns surfeiros e o misticismo bobalicón dese personaxe ao que lle chaman Bodhi; e aínda que é difícil decidir cal dos dous protagonistas é peor actor, Patrick Swayze ou Keanu Reeves, ninguén pode negar que para ver de balde unha noite de venres a peli está suficientemente ben. Despois de Strange Days a señora Bigelow non volveu levantar cabeza. The weight of the water saíulle bastante aburrida, pero aínda así é moi superior á espantosa K-19 The Widowmaker, cun Harrison Ford que parece o seu proprio avó.

Na época de Strange Days Kathryn Bigelow estaba unida sentimentalmente a James Cameron, que non por casualidade é o productor e guionista do filme. Ambos emprenderon logo camiños diferentes nas súas vidas; Cameron botaríase á rodaxe dun proxecto desmesuradamente caro que tardou bastante máis tempo do previsto en rematarse. Poucas semanas antes da súa estrea todo Hollywood daba por feito que aquilo ía ser un fiasco histórico, pero acabou sendo todo o contrario: un éxito colosal que orixinou ao seu redor paixóns desmesuradas. Quizá lles soe: titúlase Titanic. Na cerimonia dos Oscars do ano seguinte Titanic arrasou levándose once galardóns, entre eles dous para Cameron como director e productor. Tan contento quedou que mesmo ousou berrar aquilo que dicía Leonardo DiCaprio nun dos moitos instantes pavorosos do filme: I’m the king of the world!

Pero volvamos a Strange Days antes de que ninguén se sinta ofendido por dar eu máis voltas das necesarias. O principal acerto da fita é o seu espectacular deseño visual, traballado plano a plano como se dun poema se tratase asumindo a súa condición de recreación artística absolutamente libre; Strange Days parte dunha decisión moi ousada, a de ambientar a súa historia nun futuro extremadamente inmediato, pero é obvio que non hai nel a máis mínima vontade de acertar nas súas previsións. A deseñadora de producción, Lilly Hilvert, asumiu que nun intervalo de tan poucos anos as estradas, os edificios ou os coches non sufrirían cambios significativos, razón pola cal centrouse nos obxectos pequenos, coma os teléfonos ou os ordenadores. A súa decisión máis sabia, porén, sería a de apostar por espacios colosais, non por grandes menos opresivos. Strange Days non pretende en ningún caso ser un exercicio de prospectiva, e, con todo, algunhas das súas imaxes empezan a resultarnos agora habituais. A cidade tomada pola policía e o exército ou os grupos que se enfrontan ás forzas de seguridade son estampas que hoxe xa estamos habituados a ver nas noticias da televisión cada vez que hai reunións do G-8, por exemplo, pero non sucedía iso cando se rodou hai case dez anos. Strange Days manifesta unha inxenua vocación multicultural e reflicte o desconcerto (que non o medo) ante o futuro ao cal nos diriximos. "¿Trátase do fin do mundo ou do principio de outro?", preguntábase Kathryn Bigelow, e arredor desa dúbida constrúe unha película que participa do mesmo interese milenarista que tamén exhiben nuns rexistros moi diferentes obras como Grand Canyon, de Lawrence Kasdan, cos seus personaxes urbanos superados polos acontecementos que se entrecruzan guiados polo azar, ou a serie aínda inédita en España Angels in America, ambientada na era Reagan e que parte dunhas premisas bastante convencionais para acabalas demolendo ao introducir no curso da narración abundantes elementos oníricos.

Strange Days é, ao mesmo tempo, un filme sobre o amor. Sobre o amor enfermizo e autodestructivo que Lenny sente por Faith, pero tamén sobre o amor calado e sincero que Mace sente por Lenny e que acaba por revelarse nesa imponente secuencia da "festa do milenio", definida no guión como "a nai de todas as festas". Para recreala pecharon un feixe de rúas do centro de Los Angeles, colgaron cartaces e pancartas por todas partes que facían alusión ao falso final de milenio e instalaron varios escenarios e dúas pantallas xigantescas nas que se ían proxectando imaxes de diferentes lugares do planeta. Faltaba a xente, claro. Sendo inviábel a contratación dun mínimo de dez mil extras, os productores decidiron organizar un concerto que foi debidamente anunciado en prensa e radio, o que permitiu conseguir as imaxes de multitudes animadas que esa secuencia requiría. No medio dese balbordo fermoso e caótico que converte en desoladora a vulnerabilidade física e emocional de Mace hai tamén tempo para a maior das intimidades, contraste que proporciona lirismo e épica ao reencontro final dos protagonistas. Unha Angela Bassett de pernas robustas e agresiva beleza de réptil atopa aquí un vehículo impagábel para o seu lucimento. Presente en títulos míticos do cine afroamericano como Boyz’n the hood ou Malcolm X, Angela Bassett tería o seu maior momento de gloria ao ser nominada ao Oscar por encarnar a Tina Turner en What’s love got to do with it?. Logo erixiríase na perfeita encarnación de muller negra moderna nun par de simpáticas adaptacións de novelas de Terry MacMillan. En Strange Days está espléndida, servindo de contrapunto a un Ralph Fiennes de mirada magnética que prescinde aquí dese aire elevado e un chisco transcendente que ás veces limita as súas interpretacións.

Strange Days é unha película de paradoxos e de excesos, que se desliza polo estreito fío que separa ao observador do feito observado. Kathryn Bigelow fai que o espectador forme parte da escena, e ás veces o que sucede está contado desde a perspectiva dos nosos proprios ollos, converténdonos en voyeurs refinados dun espectáculo abrumador e rotundo. Baixo o disfrace de cine negro futurista e filosófico, Strange Days pasa por ser tamén unha parábola sobre a necesidade que temos de observar e de fuxir da realidade mediante a ficción.

Martin Pawley
Agrupación Astronómica Coruñesa Io

2004-06-17, 01:00 | 22 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://agrupacionio.blogalia.com//trackbacks/19583

Comentarios

1
De: Cano Fecha: 2004-06-18 08:12

Pues si esta te ha gustado, te recomiendo que veas "Brainstorm" o mas conocida en España como "Proyecto Brainstorm", tocaba el tema de las grabaciones de las sensaciones directamente desde el cerebro.

Y ya puestos a comentar, lo que no comprendo es la mania que tuvieron en hollywood de vendernos a Juliette Lewis esta como si fuera una tia buenorra, tanto en esta pelicula como en la de "Asesinos Natos". Menuda tia petarda...



2
De: pako Fecha: 2005-08-19 04:32

ni puta idea de cine tio. anda que decir que patrick swayze y keanu reeves son malos. acuestate ya"!



3
De: Francisco Fecha: 2011-09-09 15:29

Non pako, o que non ten nin idea es ti, e amósalo con ese comentario.



4
De: avanimaheshwari Fecha: 2018-12-14 13:39

Hello Guys! What's up in your life? I am a school young lady and exuberant in a lodging. I am allowed to do anything according to my desire and appreciate a great deal. To profit, I function as school young lady escort in Kolkata. By giving my best administrations, I guarantee to savor the affection life of my partners and offer them bewildering recollections. Consider enlisting me once and I guarantee you to give you mind boggling physical joy to improve you feel than any time in recent memory. Visit Here:- Kolkata-escorts
Escorts-in-Kolkata
Kolkata-escort-services
Kolkata-independent-escorts
Kolkata-independent-escorts
Kolkata-call-girls
Kolkata-escort-agency
Call-girl-in-Kolkata
Kolkata-call-girl
Hot girl in kolkata
sexy girl in kolkata
High profile call girl
sexy baby in kolkata



5
De: mihikarajput Fecha: 2018-12-14 14:03

Hi Folks This is avanimaheshwari and consider me this no for vip escorts benefit in Kolkata. I'm accessible likewise Kolkata escorts benefit, Kolkata female escorts and free escorts in Kolkata. And additionally be clear and afterward encounter from her expert photograph shoot, Kolkata Escorts are stunning model Free Kolkata Escorts who have starting late started escorting in Kolkata. She delivers is unbelievable for you to expel your eyes from the lady's awesome face. Back in Kolkata she is a conspicuous gadget who has done distinctive television advertisements and brief period films. Being a Kolkata on-screen character and model she has a generous fan following in the lady's neighborhood country. Because of the lady's veneration for voyaging the young lady gets starting late stayed nearby and fill in like a Kolkata Escorts for a long time until the point that the young lady becomes more acquainted with Middle Eastern culture and distinctive spots to go to in Kolkata. Visit Here:- Kolkata-Escorts
Kolkata-Escorts-services
Independent-Escorts-in-Kolkata
Kolkata-Call-Girls



6
De: Joy Fecha: 2019-02-21 11:27

warehouses for sale
warehouses for sale
warehouses for sale Miami
warehouses for sale
warehouses for sale Miami



7
De: Joy Fecha: 2019-02-21 11:28

Boca Raton real estate
FHA approved homes for sale
homes for sale in Hawaii
real estate agents near me
beach houses for sale
Austin Texas real estate
beach house for sale
real estate lead generation
bay area homes for sale
house
finding a real estate agent
how to get real estate leads
top real estate agents
houses
houses for sale in Florida



8
De: mumbai escorts Fecha: 2019-03-16 07:39

Mumbai Independent Escorts
Mumbai Escorts
Andheri Escorts Services
Vashi Escorts Services
Wadala Escorts Services
Web Development Company
Free Technical Support



9
De: mumbai escorts Fecha: 2019-03-16 07:39

Mumbai Independent Escorts
Mumbai Escorts
Andheri Escorts Services
Vashi Escorts Services
Wadala Escorts Services
Web Development Company
Free Technical Support



10
De: Mumbai Escorts Fecha: 2019-03-29 06:37

Mumbai Escorts
Goa Escorts
Mumbai Escorts
coimbatore escorts
rajkot escorts services
goa escorts services
mire road escorts
andheri escorts
andheri escorts services
roku remote not working
mcafee.com/activate
escorts web development company
web development company in india



11
De: roku link code Fecha: 2019-05-27 08:36

This is least difficult approach to stream stimulation to your TV. On your terms. With a great many accessible channels to look over for more details.



12
De: roku link code Fecha: 2019-05-27 08:37

This is least troublesome approach to manage stream actuation to your TV. On your terms. Wit h an extensive number of accessible channels to research for more details.



13
De: roku.com/link Fecha: 2019-05-27 08:38

Roku gives the least difficult approach to stream diversion to your TV. On your terms With a huge number of accessible channels to browse.



14
De: roku activation link code Fecha: 2019-05-27 08:39

Initiate Roku.com/interface, go to account enter Roku com connect code showed on Roku TV. My roku com interface not working utilize new Roku code.



15
De: roku activation link code Fecha: 2019-05-27 08:40

This is least troublesome way to deal with stream incitement to your TV. On your terms. With a considerable number of available channels to investigate for more details.



16
De: activate my roku code Fecha: 2019-05-27 08:42

This is least troublesome way to deal with stream incitement to your TV. On your terms. With a considerable number of available channels to investigate for more details.



17
De: Activation Roku Code Link Fecha: 2019-05-27 08:42

Roku gives the least troublesome way to deal with stream redirection to your TV. On your terms With countless channels to peruse.



18
De: activate roku Code Fecha: 2019-05-27 08:43

Start Roku.com/interface, go to account enter Roku com associate code appeared on Roku TV. My roku com interface not working use new Roku code



19
De: roku link enter activation code Fecha: 2019-05-27 08:44

Roku gives the least troublesome approach to manage stream redirection to your TV. On your terms With innumerable channels to scrutinize.



20
De: office.com/setup Fecha: 2019-05-27 08:44

Download office apparatuses without putting any endeavors.We are prepared to give you complete help till the culmination of the establishment procedure. Well ordered guidelines to introduce setup office in your PC. For any assistance Call us and we are here to support you.



21
De: setup office Fecha: 2019-05-27 08:45

Download office tools without putting any efforts. We are ready to give you complete help till the completion of the installation process.Step by step instructions to install office 365 in your computer. For any help Call us and we are here to help you.



22
De: Ankita Tiwari Fecha: 2019-08-27 10:54

new town Escort
new town Escort service
park sreet Escorts
park sreet Escort
park sreet Escort service



a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

agrupación Io / correo

Arquivos
<Diciembre 2024
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31          

mirando o ceo
infoAstro
CanalCiencia
AstroRed
Nasa
heavens above

agrupacións astronómicas
agrupación Io
agrupación Rías Baixas
clube Vega
asociación astronómica Sirio
sociedade astronómica da Estrada
agrupación astronómica Isla de la Palma

planetarios
Casa das Ciencias
pamplonetario
planetário de Rio
planetario de Madrid
parque de las ciencias

o tempo
MeteoGalicia
o tempo na Coruña
INM

imaxes do ceo
Silent Beauty
that fat old sun
clouds
astropix

Documentos

Categorías

Blogalia

Blogalia


© agrupacionio